Sesenta Gotas é un proxecto creado para facer chegar a información ás familias dos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil do campus de Pontevedra.

O traballo principal consistirá na edición dunha revista dixital na que se incluirá diversa información tal como os menús do comedor escolar, fotos de saídas, actividades propostas para a familia, etc. Irase incrementando o contido da revista dixital a medida que avance a actividade na escola.

5/12/12

Avaliación de Sesenta Gotas


Tras estes meses de traballo, podemos chegar á conclusión de que o traballo en grupo nos resultou efectivo en canto á cantidade de ideas que xorden, o apoio para o traballo, a resolución de dúbidas, etc. Pero tamén debemos dicir que o traballo en grupo fai que este se realice máis lento debido a que quixemos realizar o proxecto en conxunto, tentando estar todas presentes.

Este proxecto serviunos a todas as integrantes do grupo para coñecer novos programas e aplicacións, aprendendo a funcionar con eles a vez que nos apoiabamos unhas as outras. Cremos que o resultado do traballo foi positivo xa que foi moito o tempo que adicamos a el e quedamos satisfeitas co resultado do noso proxecto.

En canto ó clima de traballo dicir que nos sentimos cómodas aínda que en algúns momentos houbera discrepancias, facéndose notar en algunhas ocasións que había persoas que aportaron máis que outras.

Con todo isto, dicimos adeus a estes longos meses de duro traballo. Esperamos que o noso proxecto fora do voso agrado e que os serva para futuras experiencias.


Deixámosvos, para rematar, o Power Point e o Póster que realizamos para a presentación do proxecto.


Un saúdo moi forte do equipo de Sesenta Gotas.

Avaliación individual

Boas a todos e a todas
Ningún comezo é fácil e menos se é unha asignatura que sabes con certeza que che vai a custar moito traballo seguir. Ben sei que aprendín moito nestes meses dentro do campo das novas tecnoloxías, de diversos programas e de moitos recursos, sen embargo podería ser máis levadeira a asignatura.
Despois duns longos meses, rematamos o proxecto con éxito, sen embargo,  non podo dicir que me vou con bó sabor de boca posto que houbo diversos malos entendidos dentro do grupo. Por outro lado, encantoume a idea de traballar dende un principio coa Galiña Azul do Campus e ver como colaboraban con nós durante todo o proceso, foi unha boa experiencia.
Por último, decir que a presentación non saliu como nós esperábamos xa que nos fallou internet, pero creo que supemos levar a situación o mellor posible e que finalmente dixemos o importante da nosa Revista Dixital.

Sofía Bermúdez

Avaliación individual


Boas!
Hoxe estamos aquí para comentar individualmente como nos sentimos traballando en grupo para esta materia.
Pola miña parte direi que me resultou moi agradable traballar en grupo xa que me atopei con xente da que aprendín moito e coa que en conxunto elaboramos un traballo que considero foi moi produtivo.
O grupo comezou con catro integrantes que xa nos coñecíamos pero que non todas habiamos traballado en grupo, polo que eu non coñecía as súas formas de traballar en conxunto, o cal foi tamén un reto. Por outra parte, dicir que unha vez formado xa o equipo e comezado o traballo se incorporou unha nova persoa pero que rapidamente se adaptou e integrou sen ningún problema.
Como parte negativa do traballo en grupo, destacaría os distintos niveis de aportación de traballo das integrantes ó mesmo, habendo diferenzas no esforzo por levalo adiante de unhas e outras.

Avaliación individual


Boas a todas e todos!

Tras varios meses de traballo toca despedirse desde gran proxecto e desta materia, Novas Tecnoloxías. En conxunto a materia dada gustoume e pareceume útil para a docencia, aínda que penso que se podería explotar un pouco máis xa que conta con gran cantidade de contidos que se poden traballar.

Na parte práctica levamos a cabo a creación da Revista Dixital Sesenta Gotas, a que supuxo moitas horas de estar sentadas diante da pantalla, de quedar fora das horas lectivas, de quebradizos de cabeza.... dándose ocasións nas que parecía que non avanzábamos, pero xa hai una semana que por fin logramos pechala.

O comezo do proxecto, aínda que eliximos moi rápido o tema, foi todo moi a modiño xa que estábamos pendentes de formalizar os papeis ca Escola Infantil do Campus de Pontevedra, pero unha vez que nos deron permiso todo comezou a encamiñarse e comezamos a traballar de verdade e con moitas ganas.

Avaliación Individual


En canto a miña autoavaliación vou destacar varios aspectos, como poden ser os seguintes: evaluación do traballo en grupo, o meu traballo individual e falar sobre a materia de Novas tecnoloxías aplicadas a Educación Infantil.

Para comezar dicir que o traballo neste grupo para min foi moi gratificante porque  aprendín moito. Gustoume moito a forma que tivemos de traballar xa que todo o traballo foi elaborado en grupo, todas faciamos todo nesas tardes que pasabamos na facultade. Con isto fago referencia, que nós non repartíamos o traballo e cada unha facía unha parte, senón que a hora de elaborar una actividade, unha opinión, unha presentación… o que intentamos foi propor diversas ideas e logo poñer en consenso as máis adecuadas. Esta forma de traballar na miña opinión, fíxome tirar moito para diante con ganas de traballar e por suposto facer referencia a todo aquilo que aprendemos unhas as outras. 

Avaliación individual



Despois destes meses de traballo podo dicir que o resultado do proxecto foi satisfactorio, grato e útil para unha futura práctica na docencia.

Traballar co meu grupo foi unha experiencia que repetiría xa que dende un primeiro momento tiñamos claro o que queríamos e o que ibamos acadar. Podo afirmar que foi custoso e adicamos moitas horas de traballo fóra da clase, pero fomos capaces de compenetranos tanto nos bós coma nos malos momentos.

Agradezo a incorporación de Alba, aínda que foi un chisco máis tardía, xa que complementou o equipo, traballou e aceptou o tema que xa tiñamos previsto.

27/11/12

Revista dixital e Webquest


Despois de longos meses e de moitas horas adicadas ó noso traballo, hoxe por fin vos podemos presentar a nosa Revista Dixital e a nosa Webquest.
Na revista dixital atoparedes aquilo que foron facendo os nenos e nenas de 2-3 anos da Galiña Azul do Campus de Pontevedra no seu día a día na escola e na Webquest preséntanse actividades sobre o outono e o inverno para que os pequenos e pequenas pasen un rato divertido namentres fan uso das TIC.



Esperamos que vos gusten!